O PP DENUNCIA A MALA ORGANIZACIÓN DA FESTA DE NADAL PARA OS MAIORES
O Partido Popular de Cangas, lamenta que, unha vez máis, a falta de acerto na organización da Festa do Nadal para os maiores de Cangas, deixe sin celebración a un gran número de persoas que este ano non van poder participar na tradicional comida que se viña realizando en torno a estas datas de Fin de Ano.
En primer lugar o prezo, que case triplica a aportación que cadaquén facía hai só un par de anos, e que sen dúbida condiciona e limita, en gran medida, a participación dun maior número persoas neste evento.
En segundo lugar, a ubicación elexida, no pabellón do Colexio de S. Roque, non parece ser a mais axeitada, xa que aínda que se prevé un servizo de autobús para o traslado dos arredor de 60 comensais que están inscritos para participar na comida, non está previsto ese servizo para as persoas que poderían acercarse a participar da festa-baile da tarde. Así pois tampouco será moi doado achegarse alí dende calquer punto da nosa localidade se non se dispón de vehiculo propio.
Por todos estes motivos, lamentamos que a incompetencia dos seus organizadores acabe cunha xornada festiva de tanto arraigo entre os nosos maiores.
Dolores Gallego, concelleira do PP.