OS ORZAMENTOS DO TRIPARTITO: MÁIS GASTO CORRENTE E MENOS GASTO SOCIAL

Debemos destacar en primeiro lugar o aumento do capitulo II en 791.000€, despois de varios anos seguidos baixando e agora incrementase sen explicaciòn algunha, seguen prestandose os mesmos servicios que antes. Non entendemos este aumento e solicitamos que se recupere a senda do aforro sen deixar de prestar os servizos os cidadans como así se fixo nos anos anteriores.
Tendo en conta o aumento anterior comprobamos que na área de Promoción e Protección Social se reduce o orzamento en máis de 200.000€. Tremenda contradicción aumentar o gasto corriente reducindo o gasto social. Non entendemos que un goberno que presume de sensibilidade cos máis necesitados e reduce os fondos para asistencia social primaria, acción social e promoción do emprego. Con este feito consideramos que se lle está cometendo un fraude aos veciños de Cangas por non cumprir coas promesas que os membros do goberno fixeron en campaña electoral. Demasiados incumprimentos en 6 meses de goberno.
Na comisión do martes 23 fomos informados de que o goberno de Cangas acaba de retificar a súa decisión de que a aportación de 50.000€ por parte do concello á deputación para a obra Vial Viso pasarase ao 2016. Agora rectifican e acordan cumprir co convenio como inicialmente estaba establecido aportar 50.000 euros no 2015 e 150.000 euros no 2016.  Unha mostra máis da falta de rigor e falta de criterio con que traballa o Concello de Cangas nestes momentos.

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE do Partido Popular.