O PP DENUNCIA OS RECORTES NA AULA DE ESTIMULACIÓN

Os populares defenden que os cambios introducidos polo tripartito suporá que a metade dos actuais usuarios se queden fóra deste servizo de axuda a cativos con déficit psicomotriz.

O Partido Popular de Cangas ve nos novos criterios de admisión un recorte encuberto da Aula Estimulación. O edil de Benestar Social Tomás Hermelo, respondía na última sesión plenaria a unha pregunta da edil popular Dolores Gallego sobre a posta en marcha deste servizo na que explicou que dende o goberno local xestionouse  inclusión deste programa na Rede Galega de Estimulación Temperá da Xunta de Galicia co obxectivo de conseguir financiamento autonómico. Esta decisión conleva a limitación deste programa a nenos de 0 a 6 anos, e non ata os 18 anos como ata ágora. 

“Estimamos que dos 63 usuarios que houbo o pasado curso, a metate quedarán fóra” explica Gallego. “Nós entenderíamos esta adhesión ao programa da Xunta se servirá para reforzar o servizo, pero non para limitalo” sinala. “Na pasada lexislatura tamén tivemos enriba da mesa a posibilidade de adherirnos, era unha opción, pero entendimos que o servizo que presta a Aula de Estimulación é máis completo e abarca máis” continúa. “Non ten sentido limitar o acceso aos cativos ata os 6 anos xa que unha das finalidades do programa é realizar un seguimiento educativo, servindo de axuda para nenos e nenas con problemas, tratando de reducir o fracaso escolar” recalca, “polo que pensamos que como mínimo deberían ter atención garantizada durante toda a Educación Primaria” remata.

Por outra banda, os populares amosanse críticos coa decisión do actual equipo de goberno de incluir os salarios dos profesionais deste servizo nos orzamentos municipais, xa que podería poñer en risco os fondos autonómicos ao asumir este gasto con recursos propios.

Hai que lembrar que ata agora este servizo estivo funcionando de xeito ininterrompido, cunha duración semellante a de o curso escolar, contando con fondos provinciais, dos que agora mesmo non se sabe nada. Ademais, ata este ano o programa comezaba no mes de outubro e non a estas alturas do ano. Este retraso débese a que ata este momento estiveronse realizando valoracións individualizadas aos usuarios, probablemente co fin de darlles a alta o moitos deles.

 

3. Mª Dolores Hermelo Piñeiro. 44 anos. Licenciada en Xeografía e Historia- Titulada en Gestión Empresarial, Ofimática Empresarial e Eficiencia Enerxética. Actualmente traballa na administración e control de obras de instalacións eléctricas e iluminación. Veciña de Darbo.

Dolores Gallego, concelleira do PP de Cangas.