ÁREA METROPOLITANA SÍ…., PERO NON A CALQUER PREZO

Unha vez máis, nunha mostra da deriva que sofre o goberno de cangas, o hoxe Alcalde, co a única finalidade de intentar desprestixiar ao goberno da Xunta de Galicia e facerlle a ola ao emperador Caballero, asina o marxe da Corporación Municipal un documento onde renuncia a que o transporte e o consorcio da auga sexa xestionado pola Área Metropolitana, cuestións estas que sempre foron defendidas por todas as forzas políticas presentes na corporación, tanto no goberno como na oposición. Alomenos polo PP.

Lamentamos que palmeros como o sr. Pazos queiran que Cangas pase a ser un barrio de Vigo…, a saber porqué. Intuimos que é porque non lle importa Cangas. Débelle ser máis rendible políticamente ser súbdito de Caballero, sobre todo para aqueles como él que ao longo do tempo, sen principios, se arrastraron politicamente e que unha pedrea fíxolle chegar á Alcaldía de Cangas.

Esiximos dende o PP de Cangas a convocatoria urxente dunha reunión da Xunta de Portavoces (presentamos o 15 de xaneiro o escrito por rexistro) e sobre todo que se mantean os acordos acadados noutros momentos.

Asimesmo o Partido Popular de Cangas presentou unha moción sobre este tema por urxencia o pasado Pleno de decembro, que nun alarde de democracia bolivariana, por primeira vez na historia do noso Concello non foi admitida a súa urxencia e que esperamos que sexa debatida no Pleno de xaneiro.

J. E. Sotelo, pte. e voceiro municipal.