O PP PRESENTA ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS DO TRIPARTITO

Como xa manifestamos na última sesión plenaria na que se aprobou inicialmente o Orzamento Xeral do Concello de Cangas para o exercicio 2016, o grupo municipal do Partido Popular ven de presentar unha alegación e unha emenda a dito orzamento.

Seguimos insistindo que unha das deficiencias deste documento e a falta de crédito necesario nalgunhas partidas: Área Metropolitana e Mancomunidade de Concellos do Morrazo, resaltando que a propia intervención municipal xa informa da insuficiencia de crédito. O Concello de Cangas ten adquirido unha serie de compromisos con entidades supramunicipais, e nos seus orzamentos non está contemplando a cantidade necesaria para cumprir cos seus compromisos. Consideramos que é un acto de irresponsabilidade.

Tamén presentamos unha emenda, xa que como destacamos no pleno do 29 de decembro, non entendíamos que se aumentara o Capitulo II (Gasto Corrente) en máis de 800.000,00 € e se reducira o capitulo VI (de inversións) en máis dun millón de euros respecto ao ano anterior; consideramos que dentro do capítulo de inversión deben existir obras de urxente realización e que a súa financiación debe corresponder a unha redución do gasto corrente; obras como unha estación de bombeo para o abastecemento de auga da zona alta do Igrexario e Pinténs no Hío, abastecemento da aldea de Herberllo en Aldán, Acondicionamento do Barrio das Flores en Darbo, asfaltado da baixa de Parada ao Sistro en Coiro e as pilonas para a peonalización do Casco Vello de Cangas.

Obras nos colexios

Por outro lado, debemos manifestar que a Sra. Giraldez volve a faltar a verdade en canto as obras nos centros escolares. Se presentaron dúas facturas no rexistro de entrada do Concello o día 30/12/2015, data na que practicamente non estaba iniciado ningún dos traballos a facturar, por importe de 11.494,76 € e 11.444,18 €. A maiores, as facturas non especificaban as unidades de obra, polo que non creo que ningún técnico do Concello lle de o visto bo a unha factura que se presenta con anterioridade a realización da obra. Temos coñecemento que unha das dúas facturas foi devolta despois da nosa denuncia nos medios de comunicación polo agardamos que non tarden moito en devolver a outra factura. Sería moi grave que se estivesen aceptando facturas sen que as obras se realizaran ou sen que foxen informadas polos servizos técnicos do Concello.

 

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE do PP de Cangas.