O PP DE CANGAS DENUNCIA A PROLIFERACIÓN DE VERTEDOIROS INCONTROLADOS EN CANGAS

Despois de catro anos de loita contras os vertedoiros incontrolados  en Cangas, tras a gran desfeita no anterior mandato tripartito, parece que pasado xa sete meses de “novo” goberno municipal volven a decorar o noso concello este tipo de atentados ecolóxicos. Vellas costumes.

No inicio do pasado mandato se eliminaron, ademais doutros de menor tamaño, dous vertedoiros incontrolados de cantidades de residuos do orden de toneladas: un en Herbello e outro en Aguaelevada. O primeiro quedou totalmente extinguido e así permanece a día de hoxe; o segundo se clasificou e se retiraron todos os residuos alí vertidos, extendendo unha capa de compost para ultimar a rexeneración do lugar.

Durante estes anos este último foi sometido a vixilancia periódica, xa que esporádicamente, seguían aparecendo pequenos vertidos, os cales eran eliminados co o obxectivo de cortar de raíz a posibilidade do “efecto chamada”. Desta maneira e fruto da coordinación entre Medio Ambiente e o  servizo de limpeza municipal, se mantiña este vertedoiro limpo. A día de hoxe ,como se pode apreciar nas instantáneas achegadas a este escrito, este vertedoiro xa está totalmente abandoado e, pouco lle falta para alcanzar as dimensións de lexislaturas pasadas recordadas polo seu desprezo ambiental. Ademais de mobles, plásticos, cristais, envases de residuos perigosos, etc., esta vez algún desaprensivo depositou uralitas, o que acrecienta a peligrosidade polo elevado poder contaminante deste residuo e a dificultade para o seu transporte e correcta eliminación (debe realizalo unha empresa especializada) de forma legal.

Tamén resaltar o vertedoiro que hai na pista situada fronte ao anteriormente citado, con restos de obras, televisores, material informático, cables, etc., como se puede apreciar nas imaxes.

En canto á denuncia das concellerías de Medioambiente e Obras polos constantes vertidos nas inmediacións do Colexio da Rúa, recordarlles que ademais de sair na prensa teñen que actuar primeiro eliminando o vertido canto antes, lembrando que está ás portas dun centro escolar dando lugar ao peor exemplo de educación ambiental, e en segundo lugar incrementar a vixilancia nese sitio tan sensible; recordar que algúns residuos, como é o caso duns tubos fluorescentes ( residuos  tóxico-peligrosos),  se encontran alí desde fai máis dun mes.

Tamén destacar que o cartel alí reposto fai referencia á CONSELLERÍA de Medio Ambiente, o cal o é erróneo ou as ansias trepadoras da concelleira (como ben coñecen no seu partido) lle traiciona o seu subconsciente.

Dende o noso grupo municipal consideramos que xa está ben de fotos, obras irrealizadas e mentiras por parte deste goberno municipal; que se poñan medidas para a eliminación dos vertedoiros e a súa proliferación, ademais de controlar que non se reproduzcan unha vez eliminados.