O PP RECLAMA ACTUACIÓNS AO TRIPARTITO FRONTE A DEGRADACIÓN DOS VIAIS MUNICIPAIS

A nosa formación se fixo eco das queixas veciñais sobre o mal estado dos viais da vila, nos que non difícil encontrar buracos no pavimento ou zonas onde o asfalto precisa dunha urxente renovación. O concelleiro popular Francisco J. Soliño solicitou publicamente que o tripartito aclare onde e cando destinará os fondos da Deputación de Pontevedra para o bacheo das estradas locais así como esixiu que se actúe de xeito inmediato sobre este asunto.

“Basta dar unha volta polo municipio para comprobar in situ o estado calamitoso das estradas e camiños que son competencia do Concello” resalta Soliño, que sinala que o actual goberno local está desatendendo a súas obrigas nesta área, tanto no que refire ao desenvolvemento de traballos de mantemento como na xestión noutras administracións con competencias neste asunto. Neste senso, o edil popular resalta que a Deputación de Pontevedra, gobernada agora por socialistas e nacionalistas, cambiaron o sistema de bacheo que antes asumía integramente o organismo provincial coa súa propia maquinaria ou contratando empresas, polo reparto de axudas entre os concellos para que sexan estes últimos os engardos de desenvolver esas actuacións.

“Ante a nova fórmula, ¿qué remedio lle darán á situación actual?, ¿cando lle meterán man?, ¿con qué medios?, ¿destinarán operarios municipais, contratarán a empresas…?”, se pregunta Soliño, que pon como exemplos do penoso estado dos viais a rúa Paraíso, en Cimadevila (Darbo), ou varios tramos na parroquia Coiro. “Moito falar dende a oposición, pero cando gobernan non lle botan man a nada”, critica o dirixente do PP que pide actuar “de inmediato” para que a situación non empeore.