INCOMPETENCIA DO TRIPARTITO NA XESTIÓN DA PISCINA MUNICIPAL

Como todos lembrarán, a mediados de dicembro do pasado ano facíamos fincapé nas deficiencias da xestión por parte do equipo de goberno tripartito no que se refire á piscina municipal. Pois ben, todo o que en su momento anticipamos, a día de hoxe se confirma. “É un…. desastre”.

Según datos oficiais, en aquel momento contábase con 600 usuarios, dos que 358 eran aboados, entre 80 e 90 cursillistas e uns ingresos que, dende o comezo do seu funcionamiento a principios do mes de novembro, ascendían a 16,570€ incluídos abonos e matrículas.

Pasado o mes de dicembro o balance é o seguiente. A recaudación descendeu de forma notable conseguindo tan só 7.451,36€, que son del todo insuficientes. O número de aboados descendeu en mais de un 60% quedando tan só en 133, o mesmo ocorre co número de usuarios, reducíndose en case un 50%.

Valores vostedes mesmos.

Decía alguén do grupo de goberno nos medios de comunicación, que a mediados de febreiro sería unha data razoable para facer un balance fiable da viabilidade da piscina, pois ben, xa estamos a mediados de febreiro e o resultado é escalofriante. De seguir a este ritmo de baixa recadación, o 50% do necesario, acabaríamos perdendo na xestión da piscina, e grazas ao goberno local, mais de 90.000€ nos dez meses de contrato.

Deberían recoñecer que nin o seu modelo de xestión é o apropiado, sen teñen interese en melloralo.

Os cangueses precisamos de respostas. Queremos saber que están facendo para poñer fin a este suicidio económico.

Qué foi das xestións para conseguir algún campeonato provincial? Qué foi da solicitude de axudas á Deputación Provincial y se estas se concederon? Agora non serve aquela desculpa, usada noutros tempos tantas veces da discriminación pola cor política.

Qué está facendo a empresa adxudicataria para conseguir novos aboados. Teñan en conta que con maior ou menor números de usuarios os seus ingresos están garantizados por contrato.

Qué ocorreu co (“o interés notable por parte da poboación polo número de preinscripcións”), segundo declarou un membro deste goberno municipal, para que, non só se frearan, senon que descenderon drásticamente.

Qué hai da captación de usuarios de outros Concellos sen piscina e dos centros educativos?

En definitiva qué están facendo dende o seu “equipo de goberno” para poñerlle remedio e revertir esta situación.

O único que ten que ver o actual goberno con un equipo, é que son un conxunto de individualidades, non de música; que cada un ve polo seu, mesmo non cooperando cos demais aunque sí dan bastante a nota.

8. Alba Cordeiro Magdaleno. 50 anos. Diplomada en Maxisterio. Técnico Educativo. Veciña de Balea, Darbo.

Alba Cordeiro, concelleira do Partido Popular.