CHAPUZA E COBARDÍA DO TRIPARTITO NA APROBACIÓN DA TASA DA AUGA

O grupo municipal do PP explicou onte os motivos que o levaron a abandoar o pleno extraordinairo do pasado xoves. Aseguran os populares que foi consecuencia da negativa do goberno de Cangas a aplazar a sesión, como se tiña solicitado xa na comisión informativa e se reiterou por escrito na mañá do mesmo xoves. A falta de documentación necesaria para poder debatir os puntos da orden do día, así como a falta de respeto ao grupo municipal por non consensuar os puntos da orden do día do pleno son os motivos que esgrime o PP para xustificar este novo abandono. “Non podemos aceptar nin consentir que se nos tache de cobardes por parte de algúns membros do goberno, cando eles mesmos están actuando de forma irresponsable con improvisacións continuas e posteriores rectificacións”.

Sosteñen que actitudes cobardes son: que o alcalde intentara cobrar o padrón do segundo bimestre do 2015 en agosto do pasado ano, dando 15 días de prazo para o seu cobro, de forma ilegal; non responder ás alegacións presentadas polos veciños de Cangas, tal e como se acordou na sesión plenaria do 24 de abril do 2015; faltar ao respeto a grupo mayoritario da corporación municipal, ocultando acordos, datos e informes; desvirtuar o contenido do pleno extraordinario coa retirada do segundo punto da orden do día sen informar aos grupos da oposición e publicar no BOP a aprobación inicial das tasas de 2015 cinco meses desois do inicio do mandato, sen previo acordo coa empresa concesionaria, conseguindo así que a empresa presentase alegacións a esta aprobación inicial.

pleno-aprueba-1