O PP DEFENDE A REVERSIÓN DOS TERREOS DE MASSÓ A CANGAS

Fronte as informacións publicadas en prensa o grupo municipal reiterou esta semana o compromiso do Partido Popular de que os terreos da antiga factoria de Massó revertan en beneficion do Concello de Cangas. Neste senso, hai que sinalar que o anterior goberno popular deixou ao tripartito as xestións moi avanzadas, coa realización das obras de acondicionamento deste espazo emblemático da vila por parte da Autoridade Portuaria de Vigo.

O voceiro popular Rafael Soliño deixou claro que “rexeitar por parte da Autoridade Portuaria de Vigo a entrega dos terrenos é algo que Enrique López Veiga [pte. do organismo] se saca agora da manga. É unha volta de torca deste señor”. Os populares lembran que a súa formación nunca lle tremou so pulso á hora de poñer a Cangas por encima dos intereses de partido. Un exemplo disto foi cando houbo que chamar ao conselleiro polos retrasos na construcción do Corredor ou como se fixo co Inem. “Non vamos a atender ao cor política senón aos cidadáns de Cangas” reiteran. “Ao PP de Cangas nunca tivo problema con iso, en caso contrario, me marcharía, como o farían os meus compañeiros” declara Soliño, a vez que anuncia un pronunciamento máis contundente por parte dos populares “cando chegue o momento”.