O PP PIDE AO TRIPARTITO AS FACTURAS E O PROXECTO DA AMPLIACIÓN DO APARCAMENTO DE ALTAMIRA

Os populares queren saber se esta actuación conta con partida presupuestaria así como cos permisos e autorizacións pertinentes.

O grupo municipal popular solicitou ao goberno tripartito as facturas e a documentación relacionada coa ampliación do aparcamento de Altamira, coñecido popularmente como do ‘Eroski’. O PP quere coñecer o orzamento da obra, o proxecto e as facturas dos traballos realizados ata agora así como se conta cos preceptivos informes e autorizacións administrativas. Neste último punto os populares sinalan que esa zona está calificada como solo rústico porque o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) está anulado por sentencia xudicial, polo que solicita tamén o informe da secretaria no que se faga constar que as citadas obras cumplen coa normativa urbanística, ademais de unha copia do informe de Urbanismo da Xunta de Galicia autorizando dito proxecto.