O TRIPARTITO INCUMPRE A LEI DE MOROSIDADE

En tan só 10 meses o actual goberno tripartito pasou de coller un Concello que pagaba aos proveedores en 25 días de media (por debaixo dos 30 días que establece a lei para tramitar as facturas) a pagar en 61 días, é decir, incumprindo a Lei de Morosidade que establece 30 días para tramitar e outros 30 días para liquidar as facturas.

Isto foi o que denunciou o concelleiro e voceiro de AA.EE. Pío Millán que sinala que “estase establecendo unha inercia moi negativa para este mandato xa que nos dous primeiros trimestres de xestión do novo goberno incúmprese de forma reiterada unha obriga que custou moito encauzar”, argumenta o exconcelleiro de Facenda.

Os populares recordan que nos últimos catro trimestres do anterior mandato municipal se consiguiu cumprir coa obriga de pagar dentro dos 30 días que establece a Ley 15/2010. “No último deses trimestres chegamos a pagar en -5 días, o que quere dicir que se pagaban as facturas dentro do periodo de xestión das mesmas, que é anterior aos 30 días que establece a norma”, insiste Millán. Dende a formación manifestan a súa preocupación porque no primeiro trimestre imputable ao novo goberno aumentouse o tempo de pago a 36 días e agora se chega aos 61 días. Engaden ademais que a aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito no xustifica esa demora xa que existiu un procedemento similar no 2014. Por iso Pío Millán esixe que se corrixa “canto antes” a situación posto que en caso contrario augura que o Concello se encontrará “con problemas financeiros graves” e no poderá acceder a unha serie de axudas que sí pode solicitar agora.

“Deixen de dar mostras de irresponsabilidade ou incapacidade de forma repetitiva porque as consecuencias sufrirémolas todos os veciños e veciñas”, sentencia o anterior responsable da facenda local.

5. Pío Millán Blanco. 43 anos. Licenciado en Económicas e Master en Auditoría e Contabilidade Superior. Actualmente traballa de administrativo. Veciño de O Hío.