REUNIÓN MENSUAL DO GRUPO MUNICIPAL COS MILITANTES E SIMPATIZANTES

O pasado 8 de marzo o grupo municipal do Partido Popular celebrou a xuntanza mensual cos militantes e simpatizantes na sede local da formación. Na xuntanza os concelleiros trasladaron aos presentes o traballo desenvolvido ata agora, as propostas presentadas, preguntas e rogos, moitos dos cales, aclararon, aínda seguen sen ter resposta por parte do actual equipo de goberno tripartito.

O presidente local José Enrique Sotelo sinalou que a formación está presentando 2-3 mocións por cada pleno, “presentaronse ao redor de 50 preguntas e 12 rogos nos 10 meses que levamos de mandato” enumerou.  Por outra banda explicou aos presentes que Cangas contará con 10 compromisarios no Congreso Provincial que terá lugar o próximo 13 de marzo en Pontevedra, ao cal tamén poderán asistir como invitados todos os militantes e simpatizantes que o soliciten.

Por outro lado anunciouse a celebración o 17 de marzo a tradicional Festa dos Pepes na sede local do Partido.

A xuntanza foi pechada coas intervencións dos veciños/as sobre diferentes asuntos de interese municipal como o deterioro dos viais municipais en varias parroquias, sobre o actual estado do asunto do Ciclo Integral da Auga, ou as últimas novas sobre as intencións do goberno local de comezar de cero a redacción do PXOM entre outros.xuntanza.pp.cangas