SOTELO ELIXIDO VOCAL NO COMITÉ EXACUTIVO PROVINCIAL

O pasado domingo 17 celebrouse o XVII Congreso Provincial do Partido Popular de Pontevedra no que saiu elexido como novo presidente o actual vicepresidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda co apoio do 97,14% dos votos.

Na cita estivo o noso presidente local José Enrique Sotelo que encabezou a delegación canguesa composta por 10 compromisarios con dereito a voto así como militantes e simpatizantes que acudiron como invitados ao evento. Sotelo ademais foi elexido vocal do Comité Executivo Provincial.

O Congreso foi clausurado coas intervencións do presidente do PP de Galicia e da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo e do presidente nacional e presidente en funcións do goberno de España Mariano Rajoy.