SOTELO PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA INSTAR A PORTOS A REMATAR O PANTALÁN DE ABRIGO DE ALDÁN

O PP de Cangas presentou por rexistro unha moción de cara ao próximo pleno do mes de marzo para que o Concello inste a Portos de Galicia a rematar a instalación do pantalán de abrigo de Aldán.

O escrito pide a Portos que nun prazo máximo de tres meses presente unha proposta definitiva co seu correspondente financiamento para finalizar a obra. O líder dos populares José Enrique Sotelo recorda que despois de varios intentos e múltiples propostas para dotar de abrigo ao peirao de Aldán, Portos de Galicia, no mes de abril do pasado ano iniciou as obras, que consistiron en pilotar aproximadamente 40 metros ata o límite da superficie de titularidade de Portos para a posterior colocación dunha barrera rompeolas vertical que permita a circulación de auga sen afectar as correntes que poderían alterar os movimentos da área das praias de Vilariño e San Cibrán, tal e como figura no convenio asinado entre Portos de Galicia y a Universidade Politécnica de Madrid. Aproximadamente, quedaría 7 metros con marea baixa entre o fondo e a citada estructura.

Segundo os populares, os distintos ensaios, tanto simulados no laboratorio como sobre o propio terreo determinaron que a resistencia estimada non é suficiente, o que obriga a un cambio no proxecto que garantice a efectividade da barreira e das zonas actuantes sobre a mesma.

Sotelo demostrou, de novo, que non mira a color política do conselleiro/a ou, neste caso, do presidente de Portos de Galicia, para recriminarle a paralización dos traballos.

thumb