O PP DE CANGAS RECLAMA UN BACHEO URXENTE DOS VIAIS MUNICIPAIS

O PP de Cangas esixe un plan de bacheado urxente para os viais municipais. “O grupo de goberno leva 9 meses no poder e non fixeron nada neste ámbito, e a situación non fai máis que agravarse” sinalan, poñendo como exemplo o estado da rúa Enseñanza que da acceso a un dos centros escolares da vila, cheo de buracos no pavimento. Os populares reclaman ao executivo local que explique “quen, cómo, cando e onde” se realizarán estes traballos de mantemento das estradas xa que a maquinaria provincial está parada. “Sabemos que o persoal do Concello non da para todo, pero está claro que algo haberá que facer” sentencian.