A TAXA DO CICLO INTEGRAL DO AUGA DE TODO O 2015 VAISE COBRAR EN CINCO MESES

No BOP do 28 de marzo sae publicados as aprobacións do padrón do Ciclo Integral da Auga  dos catro trimestres do 2015. Dende a alcaldía de Cangas se aproba que o 1º trimestre sexa compensado co pago que se realizou polo 1º bimestre en marzo do 2015. O segundo trimestre estaría ó cobro dende o 1 de abril ao 1 de xuño. O terceiro trimestre se cobraría entre o 1 de maio e o un de xullo e o cuarto trimestre se cobraría entre o 1 de xullo e o 1 de setembro. A maiores tamén se publicou hoxe a aprobación do padrón do imposto de vehículos de tracción mecánica que estará ó cobro dende o 1 de abril ao 1 de xuño deste ano.

A aprobación destes prazos para o cobro, fan que os veciños de Cangas teñan que pagar tres trimestres no prazo de 5 meses; tendo en conta que vai coincidir co cobro do imposto de vehículos e con parte do período de cobro do IBI.

Os grupos políticos do goberno actual, que tanto alardearon en campaña electoral de que baixarían os impostos si gobernaban eles e que solucionarían o problema da auga; vanlle pasar ó cobro os veciños de Cangas durante esta primavera e verán 4 padróns da taxa do Ciclo integral da Auga, o padrón de Vehículos e o IBI.

Temos claro que o consumo de auga do ano 2015 tense que pagar, pero tamén temos que dicir que nos parece un período excesivamente corto; cinco meses para o cobro dos catro padróns de auga, sobre todo coincidindo co padrón de vehículos e o padrón do IBI, consideramos que sería mais lóxico deixar algún padrón de auga para o outono inverno deste ano, xa que non coincidiría con outros impostos.

Pero estes feitos xa non causan moito sorpresa, desgraciadamente estámonos acostumando a que se tomen decisións precipitadas e irresponsables por parte de este goberno.

Onde están as baixadas de impostos tan prometidas en campaña?

Por qué non pagar a taxa do ciclo integral da Auga do 2015, nun maior período de tempo?

Son preguntas que se van facer moitos veciños de Cangas, e que poñen de manifesto que este goberno esta consumando unha estafa política, prometendo unhas cousas e incumprindo esas promesas de forma continua.

5. Pío Millán Blanco. 43 anos. Licenciado en Económicas e Master en Auditoría e Contabilidade Superior. Actualmente traballa de administrativo. Veciño de O Hío.

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE.