O PP CRITICA O MAL ESTADO DAS PRAIAS EN SEMANA SANTA

Sotelo sinala que os arenais pasaron de ser un referente en Galicia a huertos ecolóxicos en 10 meses.

O PP de Cangas denunciou de novo o abandono ao que están somentidas as praias de Cangas, un feito que consideran de maior gravedade durante a Semana Santa, cando se multiplica o número de visitantes e o municipio debe ofrecer a mellor imaxe. Para o líder dos populares José Enrique Sotelo está sucedendo ao contario e as praias canguesas teñen pasado de ser referentes de Galicia a huertos ecolóxicos en só 10 meses de goberno tripartito.

Aunque entende que para os socios de goberno no Concello o turismo é sinónimo de colonialismo, e polo tanto a imaxe das praias durante a Semana Santa é unha mostra máis de irresponsabilidade e falta de previsión. As deficiencias localizáronse en areais como o de Rodeira, Areamilla, Nerga, Liméns ou Menduíña. O PP tamén incide no abandono dos paseos marítimos, tanto no centro urbano como Massó ou as sendas costeiras de Darbo ou Aldán. Un álbum da vergoña que xoga en contra da imaxe e a economía de Cangas.