PLENO MUNICIPAL DO 1 DE ABRIL

Os populares apoiaron a modificación da Lei da Área Metropolitana, lembrando que o actual goberno tripartito a combatiu dende a oposición. Tamén saiu adiante o recoñecemento a Ana María Soto como “filla adoptiva” polo súa importante labor na vila así como dedicar unha rúa a José Fernández Canosa, “o Ghaiteiriño de Aldán” co apoio de todas as formacións da corporación.

O pasado 1 de abril celebrouse a última sesión do Pleno da Corporación Municipal no que se aprobou o texto reformado da Lei da Área Metropolitana, co voto favorable do grupo popular xa que segundo explicou o seu portavoz Rafa Soliño, “nós sempre estivemos a favor da Área Metropolitana como fórmula para ofrecer máis e mellores servizos aos veciños e veciñas de Cangas. Non poden decir o mesmo as formacións do goberno tripartito” sinalou.

Por outra banda tamén se aprobou o nomeamento de “filla adoptiva” de Cangas a Ana María Soto, coñecida na vila como “a señortia de Massó” pola súa labor como traballadora social na antiga factoría e pola súa implicación na mellora das condicións de traballo na fábrica sendo unha impulsora do que hoxe se denomina conciliación familiar. “É un recoñecemento merecido e que seguro chega tarde” sinalou a concelleira popular Loli Hermelo que non dubidou en recoñecer os méritos da homenaxeada.

Tamén foi aprobado inicialmente o novo Regulamento do Consello Municipal de Saúde. A concelleira popular Dolores Gallego destacou na súa intervención os erros na redacción do documento presentado e anunciou que o PP presentará alegacións durante a súa exposición pública.

Saiu adiante por consenso a proposta de nomeamento a un camiño da zona de Piñeiro na parroquia de Aldán co nome de Jose ‘O Ghaiteiriño’, como recoñecemento a labor realizada durante décadas no ámbito cultural, en favor da música tradicional por parte de José Fernández Canosa.

Moción populares

O PP tamén logrou sacar adiante as súas tres mocións co apoio de todas as formacións políticas. A primeira relativa ao soterramento do cableado na rúa Félix Ozámiz . O voceiro do PP Rafa Soliño sinalou que o problema radica en que antes non se obrigaba a soterrar nas obras de humanización (cousa que non acontece na actualidade) e tamén fixo autocrítica ao sinalar a responsabilidade dos sucesivos gobernos municipais sobre este asunto xa que moito do cableado corresponde ao alumeado público e por tanto é competencia municipal.

Tamén saiu adiante a moción para instar a Deputación de Pontevedra a que adopte medidas sobre o mantemento das estradas provinciais . Nesta punto os populares destacaron a paralise do proxecto da estrada de O Viso- Igrexario, obra que segue sen licitarse, a falta de pintado e pegotes de asfalto na estrada de Espíritu Santo- A Boubeta resultado dunha obra realizada recentemente por unha empresa que aínda non repuso o pavimento como marca a normativa. Por outra banda o PP recordou na sesión que a maquinaria da Deputación está parada mentres os concellos como Cangas teñen importantes problemas para levar a cabo as labores de mantemento necesarios nos seus viais.

Por último tamén saiu adiante a moción popular para instar as administracións responsables a mellorar a seguridade na P0-315, no tramo coñecido como “a recta do Conde” no que hay problemas de iluminación debido a vexetación así como un terraplén sen ningún tipo de barreira protectora ante posibles saídas de vía.