O PP CRITICA O ESTADO LAMENTABLE DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

O Partido Popular de Cangas respalda as queixas dos dirixentes dos clubs deportivos de Cangas polo mal estado das instalacións e a súa falta de mantemento. “Levamos 10 meses de goberno tripartito, en balde no tocante ás infraestructuras deportivas” declara o edil popular Fran Soliño. “Os campos de fútbol do keniata e as pistas anexas son un claro exemplo da situación de abandono na que se encontran as instalacións deportivas” destaca, “e poderíamos seguir co Estadio Municipal de Atletismo coa xaula de lanzamento de peso rota e caída, os vestiarios do pabillón do Gatañal, con as obras paralizas dende a nosa saída do goberno, as pistas do pabillón de Romarigo con grietas e en mal estado, as obras das novas gradas do Alondras (ao ritmo que van podemos ir pensando na próxima Semana Santa) ou a fuga de auga do campo de O Hío, que leva meses sen arranxar” enumera.

“É certo que a capacidade do Concello de facer inversións é limitada pero moitas das deficiencias non supoñen tanto de de gasto económico como de vontade política” explica Soliño. “Basicamente a posición do actual concelleiro de Deportes Xoan Chillón e do actual goberno tripartito é decir sí, sí, sí a todo pero depois nada de nada” relata, “e é por iso polo que levamos tempo pedindo ao goberno unha maior vontade e mais traballo para poñer en valor as instalacións deportivas municipais” remata.