O PP DENUNCIA A UTILIZACIÓN DO CONCELLO PARA ACTOS PARTIDISTAS

O señor Pazos volve a demostrar a súa falta de respeto polas institucións públicas volvendo a facer un uso partidista das mesmas. Para exemplo a recente visita con rolda de prensa incluída no Salón de Plenos  coa diputana de En Marea Alexandra Fernández nun claro exemplo de acto pre-electoral. Segundo recollen os medios de comunicación non só o Partido Popular senón que as demais formacións da oposición e incluso do propio goberno denuncian a reiterada utilización do sr. Pazos e da súa formación política do Concello como espazo para celebrar mitines. “Xa tivemos un claro exemplo nas pasadas eleccións xerais cando En Marea celebrou por primeira vez un mitin no Salón de Plenos, contradecindo o que xa era unha tradición na nosa vila de non celebrar este tipo de actos no Concello” explica o concelleiro popular Pío Millán, unha costume por outra banda practicada nos concellos no noso entorno.

Por outra banda Millán deixou claro que é falso que na etapa do goberno popular o Salón de Plenos constará no listado de espazos de uso electoral enviado a Xunta Electoral de Zona, no que sí figuraban o  CEIP de Aldán, CEIP de O Hío, CEIP de Coiro, CEIP de Darbo, CEIP de Cangas, Casa de Cultura, Auditorio Municipal, Casa del Mar de Aldán, Escola Vella de O Hío y Local del Ensaio de Cimadevila. “Isto tamén demostra que na nosa vila hai sitios dabondo para realizar este tipo de eventos” remata.