O CONCELLO DE BUEU CUMPRE COA SUA OBRIGA DE DEVOLVER OS CARTOS A CANGAS CON DOUS ANOS DE RETRASO

Ante a recente noticia onde se confirma que o Concello de Bueu ingresou a cantidade que lle debía ao Concello de Cangas. Non sabemos si temos que darlle as grazas ao Sr. Juncal pola súa xenerosidade, despois de dous anos sabendo que o Concello de Bueu tiña uns cartos que eran do Concello de Cangas, por fin decidiron transferir esa cantidade. Pago tamén obrigado pola existencia dunha sentenza xudicial firme do 30 de setembro de 2015. E dicir, tiveron que pasar 2 anos para que este señor decidira pagar, tivo que existir unha demanda pola súa negativa a devolver os cartos de Cangas; tivo que existir unha sentenza firme para verse obrigado a devolver os cartos e despois de mais de seis meses da sentenza e tívose que facer público por parte do grupo municipal do PP de Cangas este reiterado incumprimento para que o Sr. Juncal se dignara a devolver os cartos que lle pertencían a Cangas. Cartos que o propio alcalde de Bueu recoñecera fai dous anos, nas xuntas de goberno da mancomunidade, que lle pertencían a Cangas.

Creemos que a posición que mantivo o alcalde de Bueu co Concello de Cangas foi unha tomadura de pelo e unha falta de respecto a todos os cangueses polo incumprimento da súa obriga para con Cangas.

5. Pío Millán Blanco. 43 anos. Licenciado en Económicas e Master en Auditoría e Contabilidade Superior. Actualmente traballa de administrativo. Veciño de O Hío.

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE.