PAZOS MINTE SOBRE AS FACTURAS DE FENOSA

Como pode dicir que o goberno anterior deixou pendentes de pago facturas que entraron no Concello de Cangas estando vostede de alcalde na súa maioría (maio, xullo e agosto de 2015). Ningunha administración pode recoñecer unha factura que non se presenta e menos pagala. Pregúntelle aos responsables das empresas con quen vostede di negociar, porque non presentaron antes as facturas.

As facturas que correspondían ao ano 2014 que o Sr. Pazos cita na nota de prensa de hoxe. Deberían ser presentadas antes do 31 de xaneiro do 2015, e as empresas acredoras presentaron as facturas, pola plataforma dixital como así o esixe a lei; en maio, xullo e agosto de 2015 (13/5/2015, 22/07/2015, 17/08/2015, 21/08/2015, 28/08/2015, 13/10/2015 e 28/10/2015). Para recoñecer esas facturas o Concello, tenas que aprobar en pleno, por pertencer a outros exercicios, a través dun recoñecemento extraxudicial de crédito; e o primeiro pleno despois da presentación da primeira factura xa foi na lexislatura actual. O mais grave é que existía crédito para esas facturas polo remanente que quedara do ano 2014, xa se saberá a que destinaron eses cartos estes señores.

Ante isto quero deixar ben claro que para o goberno anterior sería imposible recoñecer e moito menos pagar ningunha das facturas que dí o Sr. Pazos, xa que a maioría se presentaron estando o tripartito gobernando, por tanto a responsabilidade é total do novo goberno. Minte tendo coñecemento de que está faltando a verdade e ten a ousadía de pedirlle explicacións aos demais, a súa irresponsabilidade non ten límites e como mentireiro e demagogo non ten prezo.

Lembrarlle que a falsa acusación que intenta facer de que non se recoñezan facturas de suministro eléctrico, si foi certa na lexislatura 2007-2011, na cal o Sr. Pazos tivo responsabilidade de goberno. Nese período quedaron no caixón sen recoñecer mais de 2,2 millóns de euros de facturas de Gas Natural – Fenosa que o goberno do Partido Popular tivo que recoñecer e pagar. No período 2007 – 2011 pagáronse a Fenosa facturas por importe de 60.000 € en total durante eses catro anos, cando a facturación anual era de 900.000 € de media por ano.

O que lle gusta a vostede é crear cortinas de fume para ocultar a pésima xestión que está levando o Concello en materia económica, e desto tamén darei explicacións en breve, xa que por desgraza están a punto de saír datos que poñen de manifesto que se está actuando mal nesta materia. Debido a isto o alcalde de Cangas intenta desviar a atención con mentiras para que os datos negativos da súa xestión económica queden ocultos, entre eles vai ter a obriga de presentar un novo plan de axuste no pleno, polos desequilibrios creados estes últimos meses no  Concello.

 

Pío Millán ante o departamento de Intervención.

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE. do PP de Cangas