O CONCELLO DE CANGAS SEGUE INCUMPRINDO POR TERCEIRA VEZ CONSECUTIVA CO PERIODO MEDIO DE PAGO DESPOIS DE 4 TRIMESTRES DE RESULTADOS POSITIVOS

Na  páxina web do Concello de Cangas aparece reflexado o Informe de Morosidade do Concello de Cangas para o primeiro trimestre do 2016.  Nos atopamos que por terceiro trimestre consecutivo o resultado non cumpre coas obrigas da Lei 15/2010 de loita contra a morosidade. O período medio de pago é de 68,79 días dende Xaneiro a marzo do 2016. Si no 3º trimestre de 2015 o período medio de pago era de 36 días, incumprindo así a obriga de pagar en menos de 30 días, no cuarto trimestre do 2015 supera de forma negativa o incumprimento chegando o período aos 61 días, pois para o publicado recentemente segue aumentando a dato negativo pasando a mais de 68 días.

Despois de que os últimos catro trimestres da lexislatura anterior se cumprira coa obriga citada anteriormente, e no caso do primeiro trimestre de 2015 chegando a pagar en (-5 días), e dicir; páganse como media as facturas no período de xestión das mesmas que é anterior os 30 días de período de pago que establece a norma.

Como xa comentei no día de onte , seguen producíndose datos negativos en materia económica no Concello de Cangas e desgraciadamente non serán os últimos. Se establecese unha inercia moi negativa para esta lexislatura que no seus tres primeiros trimestres de xestión do novo goberno de Cangas, incúmprese de forma reiterada unha obriga que custou moito traballo encamiñar.

Este feito pon de manifesto que non se están realizando os esforzos necesarios para manter os logros conseguidos en materia económica na anterior lexislatura e por en perigo a estabilidade financeira do Concello de Cangas.
Aínda que intenten xustificar que pode ser debido a un recoñecemento extraxudicial de crédito, lembrarlle ós actuais gobernantes que no ano 2014 tamén existiu un recoñecemento extraxudicial de crédito, e por elo non se deixou de cumprir coa obriga establecida na lei de morosidade.

Cando se incumpriu o 3º e 4º trimestre trasladamos o noso desexo que este feito fora unha excepción. Esiximos unha vez mais, ao goberno local que corrixa canto antes este incumprimento, xa que do contrario empezaran a toparse con problemas financeiros graves e sobre todo non van poder acceder a todas as axudas que si poden solicitar nestes momentos. Deixen de dar mostras de irresponsabilidade ou incapacidade de forma repetitiva porque as consecuencias sufrirémolas toda a veciñanza do pobo.

 

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE.