SOTELO RECLAMA A DEPUTACIÓN AXUDAS PARA PRAIAS ACCESIBLES

O líder do Partido Popular de Cangas, e deputado provincial, presentou unha proposta para que o organismo provincial cree unha liña de axudas para os concellos, co obxectivo de mellorar a accesibilidade dos areais da provincia. “Non só é importante garantizar o acceso ás praias, con pasarelas dende o aparcadoiro ata o mar e a reserva suficiente de prazas de estacionamiento, senón contar coa señalización que facilite a información e a localización dos servizos accesibles para todas as persoas: aseos e duchas adaptadas, socorristas e personal de apoio que acompañen ás persoas con discapacidade á hora do baño e axudas técnicas como cadeiras e muletas anfibias” detalla o propoñente.

“Este tipo de actuacións poden sen dúbida constituir un factor diferenciador como destino turístico de calidade” explica Sotelo, que tamén presentou unha moción para ser debatida no próximo pleno do Concello de Cangas.

O líder dos populares cangueses tamén lembrou que recentemente o organismo provincial aprobou por unanimidade unha declaración presentada polo grupo popular en favor da igualdade nas persoas con discapacidade, “agora toca traducir ese compromiso en feitos” rematou.

Sotelo nunha rolda de prensa na sede da Deputación de Pontevedra.

Sotelo nunha rolda de prensa na sede da Deputación de Pontevedra.