O PARTIDO POPULAR SACA ADIANTE CO APOIO DE TODOS OS GRUPOS A SÚA ENGÁDEGA Á MOCIÓN SOBRE A EDAR

No pleno do pasado venres o grupo municipal do Partido Popular sacou adiante a súa engádega á moción presentada polo equipo de goberno. A proposta, defendida polo edil popular Jesús Graña, instaba nun primeiro punto a Augas de Galicia a realizar un estudo detallado da rede de saneamento de Cangas ao longo deste ano. Nun segundo punto sinalábase que “en función do estudo anteriormente citado,adaptar o proxecto da ampliación da EDAR de 2010 as necesidades actuais. Licitalo por urxencia para acadar una optimización da EDAR de Cangas”, mantendo a literalidade do resto da moción presentada polo goberno local. Os populares resaltan que é fundamental mellorar esta infraestructura para poñer fin aos problemas vividos ata o momento con verquidos a ría por deficiencias no seu funcionamiento, sendo unha das prioridades máis urxentes no tocante ao medio ambiente. “Non podemos comezar a casa polo tellado, hai que acometer a necesaria separación das augas fecais das pluviais como primeiro paso” explicou Graña, que resaltou o consenso acadado por parte de todos os grupos sobre este asunto.

Emisario EDAR de Vigo

Respecto as útimas novas publicadas nos últimos días nos medios de comunicación sobre o emisario da nova EDAR de Vigo, a formación lembra que o grupo municipal, cando tiña responsabilidades de goberno, tomou un acordo en Xunta de Goberno para solicitar toda información á Xunta de Galicia, rexeitando a lonxitude de dito emisario. Por esas mesmas datas o entón alcalde popular José Enrique Sotelo mantivo unha xuntanza coa conselleira do ramo na que lle foi facilitada toda a información do proxecto, entregándose unha copia a Confraría de Cangas para que esta poidera realizar as alegacións correspondentes. Daquela o Sr. Alcalde entrevistouse con a Sra.Conselleira,e recadou a información e o proxecto ,entregando una copia a Confraría de Cangas.