O PP ALERTA ÁS AA.VV DA ELIMINACIÓN DO PAC DE AXUDAS DA DEPUTACIÓN

O portavoz do grupo provincial do PP, Ángel Moldes, xunto co deputado e líder do PP en Cangas, José Enrique Sotelo, se reuniron neste municipio con representantes de colectivos veciñais de O Morrazo dentro dunha campaña por comarcas para alertarles da eliminación por parte do goberno provincial do Plan de Acción Comunitaria (PAC). Os populares lles trasladaron que iban a perder unhas importantes inversións en proxectos de iniciativa veciñal. Entenden que é unha noticia moi mala para os colectivos e consideran que existe unha “sensibilidad cero” por parte do novo goberno da Deputación “que da a espalda á realidade pontevedresa, sobre todo ao rural e as beirrarúas urbanas” sinalan. Se mostraron disgustados “porque coñecemos o traballo e o esforzo das asociacións veciñais” engaden.

Aproveitaron para valorar os proxectos que se fixeron na comarca de O Morrazo a través do PAC e, como exemplos, recordaron a reparación e recuperación en Cangas das fontes de Gandón e Socotelo ou o abastecemento en Rocha-San Pedro. No caso de Bueu, a dotación de vestiarios na área recreativa de Chan, entre outros; e en Moaña, a canalización da agua para domicilios en Agostada, a adquisición de material e equipamientos de xogos infantís en Berducedo-Piñeiro ou o equipamiento e esterilización da agua por radicación ultravioleta. Con cargo a este plan se executaron en Marín o arreglo do salón de actos do centro cultural e a mellora da canalización da agua no lavadoiro de Soutelo de Cabodevila.

O portavoz provincial explicou que o bipartito está enganando aos veciños cando os remiten aos concellos, porque esta línea de subvenciones as eliminaron e non están incluídas no Plan de Concellos: “Neste Plan están moi definidas as axudas, e non hai partidas nas que se poidan incluir nin investimentos que non sexan de titularidade municipal, nin actividaes que non sexan de iniciativa municipal” explica. Moldes aproveitou para poñer en valor o traballo destas asociacións altruistas, que viven das cuotas dos seus asociados e ás que estas axudas que recibían da Deputación supoñían unha oportunidade para garantizar o seu funcionamento.

Os líderes populares tamén criticaron a desaparición de axudas para entidades culturais, tanto as que se destinaban para vestuario como para instrumentos e infraestructuras, como as que se otorgaban para colaborar con gastos de funcionamiento de conservatorios o asociacións musicais. Recordaron que en 2015 os colectivos culturais recibiron 7.000 euros para gastos de vestuarios e de instrumentos. O Conservatorio de Cangas recibiu 17.000 euros que “agora tamén desaparecen”. No caso das escolas de música, recibiron axudas as de Cangas, Moaña e Marín.