O PP “FELICITA” AO TRIPARTITO POR LEMBARSE AGORA DA SENDA COSTEIRA DE AREAMILLA

Os populares sinalan que o actual goberno local renunciou o ano pasado a unha subvención de 75.000 euros para executar este proxecto, redactado co anterior goberno do PP.

O Partido Popular de Cangas saiu ao paso do anuncio do goberno tripartito de recuperar o proxecto  do sendeiro A Congorza -Aremilla que sirviría para dar continuidade aos tramos de paseo que hai en Massó (contruídos na pasada lexislatura) e o actual sendeiro que une pola costa Areamilla con Santa Marta. O voceiro popular Rafa Soliño sinalou que o ano pasado o goberno do PP deixou o proxecto redactado e tramitada unha subvención para financiar o mesmo, concedida máis tarde ao actual goberno tripartito por un importe de máis de 75.000 euros. “A súa incapacidade de xestión fixo que naquel momento renunciaran a subvención” explica, “se non fóra por iso poderíamos estar falando dun proxecto xa executado de cara a tempada estival e que tería posto en valor toda esa franxa de litoral” engade. “É unha mágoa que sempre cheguen tarde a todo” remata.

Por iso Soliño tira de ironía e “felicita” ao goberno municipal por recuperar este proxecto para gozo dos veciños e veciñas así como para os turistas que recalen na vila ao longo de todo o ano.

 

Senda costeira de Cangas

Proxecto posto en marcha polo anterior goberno do PP de dar continuidade aos diferentes tramos de paseo costeiro de Cangas.