ABALO VOLVE A AMEAZAR A APROBACIÓN DO PXOM EN CANGAS

Como acontecera na lexislatura 2007-2011 o sr. Abalo volve a tratar de agochar o PXOM nun caixón, ocultando e impedindo o acceso a información á oposición, que tivo naquel momento que acceder ao documento no mercado negro mentres o edil negociaba na clandestinidade en locais de “bo manxar”.

Onte o líder dos populares cangueses José Enrique Sotelo fixo pública a posición do grupo maioritario da corporación no referente a crise de goberno causada polo división no goberno tripartito, entorno a proposta do actual concelleiro de Urbanismo de comezar a redacción do PXOM dende cero.

Para Sotelo “a enciclopedia que podreríase formar cos titulares de prensa do último ano de trigoberno de Cangas, sería un auténtico récord de ventas” ironiza. Para o PP de Cangas o actual equipo de goberno está actuando “con falta de democracia, falta de transparencia, ocultismo de cada unha das súas intervencións e na mentira permanente” enumeran. Como exemplos citan que o  seu grupo municipal presentou unha moción no pasado mes de setembro instando ao goberno a presentar en tres meses un cronograma para a aprobación do PXOM. Por outra banda o 5 de marzo solicitaron a celebración dunha xunta de portavoces urxente para tratar a rescisión do contrato da empresa redactora, “aínda estamos esperando a resposta” critican.

“O que o PP viña denunciando como unha gran estafa política quédase corta co acontecido no pleno do día 29 sobre o asunto da licitación das bases  de contratación para a redacción do PXOM” afirma Sotelo, “onde a proposta do sinistro concelleiro de Urbanismo recibiu o voto favorable de 3 dos 21 concelleiros da corporación municipal” recalca.

“Se lamentable é a actuación do sr. Abalo, non o é menos a de outros grupos que culpan desta situación ao PP, como si nós formaramos parte deste desgoberno” afirma, “o BNG é tan culpable como o resto dos grupos, pois consintiron que o PXOM que eles aprobaran previamente fora directo ao caixón, tirando deste xeito 600.000 euros” engade.

“Se ben esta situación xa resulta familiar respecto ao vivido na lexislatura 2007-2011, agora pode que incluso sexa máis grave xa que circula nos mentireiros da vila a versión de que a redacción do documento xa está adxudicada sen ter as bases aprobadas a técnicos afíns a causa” sinala Sotelo. “Cuestión esta, por outra banda, que non sorprende tendo en conta os prazos e a forma de pago que pretendía levar a cabo, aboando o 95% do contrato coa aprobación inicial, sen ter en conta que acontecería se despois renunciaran ou quedara o traballo de verdade por facer” explica.

“O Partido Popular de Cangas reitera unha vez máis a súa solicitude de que se convoque de xeito urxente unha xunta de portavoces para tratar este asunto” declara Sotelo, “e anunciamos que valoraremos tomar outras medidas como solicitar a reprobación do concelleiro de Urbanismo” remata.