O PP PRESENTA ALEGACIÓNS ÁS MODIFICACIÓNS DOS ESTATUTOS DA MANCOMUNIDADE

O PP de Cangas presentou un escrito con alegacións á aprobación inicial da modificación dos estatutos da Mancomunidade aprobada en asamblea o pasado 28 de marzo. Os populares propoñen modificar o reparto da representación dos tres concellos na Xunta da Mancomunidade do organismo supramunicipal. Se no texto orixinal apóstase por 4 representantes por municipio (o alcalde e tres concelleiros), o PP aposta por un reparto proporcional dos nove concelleiros segundo o peso poboacional de cada vila. Tamén abogan por retirar a competencia de aprobar a conta xeral, os recoñecementos extraxudiciales de crédito e autorizar os gastos de carácter plurianual que consideran que debe ser competencia da asemblea. Por último, suxieren a sustitución da expresión “ámbito local” por “ámbito comarcal” ao referirse á promoción cultural e turística, xa que describe mellor o ámbito competencial da Mancomunidade.