O PARTIDO POPULAR DENUCIA O ABANDONO DE RESTOS VEXETAIS POR PARTE DAS BRIGADAS MUNICIPAIS

Esta semana pasada as brigadas municipais estiveron realizando labores de desbroce na rúa do Freixo na parroquia de Coiro, algo moi demandado pola veciñanza xa que a  vexetación invadía a xa limitada zona de paso para peóns na vía, afectando a seguridade da mesma. Sen embargo, para sorpresa dos veciños, os traballadores municipais deixaron os restos de poda amontonados no vial dende o xoves sen facer ningún amago de ir recollelos. Se ben esa conducta sería reprobable no caso de calquera cidadán, aínda o é máis tratándose da administración local, que leva tempo dicindo que vai a realizar campañas de concienciación para loitar contra estas conductas. “Ahí está a ordenanza de ornato e o bando asinado polo señor alcalde, que parece que é para cumplilo todo o mundo menos a institución que preside” sinalan os populares.

“Parece que xa chegaron os novos composteiros” ironiza o edil do PP Jesús Graña, “despois pretenden multar a particulares por infraccións que eles mesmos cometen” sinala. “E que algo moi salientable o feito de que a poda fora depositada ao carón dos contenedores, xa que amosa a intención que tiña de transportalos e depositalos no lugar apropiado” afirma. “Sen dúbida estamos ante un novo exemplo de excelente coordinación entre a concellería de Obras e a concelleiría de Medio Ambiente” enfatiza.

Por iso, dende o PP de Cangas esixen que dende o Concello se corrixa este tipo de actuacións, “agora que por fin están levando a cabo as necesarias labores de desbroce nos viais, dando exemplo, que o fin o cabo é a mellor fórmula de concienciar aos veciños e veciñas” rematan.