O GOBERNO ESTA OBRIGADO A TOMAR MEDIDAS DE AXUSTE POR INCUMPRIR O TEITO DE GASTO

Como xa nos ten acostumados o Sr. Pazos intenta xustificar o inxustificable, dicindo que superar o teito de gasto na cantidade de mais de 174.000,00 euros, non é excesivo.

O que temos que dicirlle o alcalde, que o problema non é o importe do exceso, senón que é o incumprimento en si mesmo. Levamos tres anos cumprindo con esa obriga legal de non gastar mais do que está estipulado, porque o seu incumprimento obrigaría a tomar medidas restritivas nas contas do Concello. Non entendemos que agora que os resultados orzamentarios estaban indo polo bo camiño o Concello teña que aprobar un plan económico financeiro no que contemple medidas de axuste que repercutirán de algunha forma negativa na veciñanza, ese si que é o problema de non cumprir o teito de gasto.

Como sempre, acaba xustificando o incumprimento botándolle as culpas ao anterior goberno, debemos lembrarlle que o anterior goberno tiña de período medio de pago no 1º trimestre de 2015 (-5) días. Pagaba todas as facturas que entraban no Concello, de media antes de que se iniciase o período de pago de 30 días, é dicir, no período de xestión da factura. Non poden dicir o mesmo este goberno que xa levan mais de 3 trimestres e non cumpriron coa obriga e pagar en menos de trinta días en ningún de ditos trimestres. Estar culpando a o anterior goberno funcionoulle uns días pero xa se fai tempo que rematou a credibilidade de ese conto.

O problema que todo lles da igual, e non existe responsabilidade por parte de algún membros do goberno, e para cubrir esta falta de xestión están continuamente mentindo e inventando cortinas de fume que desvíen a atención.

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE. do PP de Cangas.