ABALO QUERE RESPONSABILIZAR AO GOBERNO ANTERIOR DOS SEUS FRACASOS COMO CONCELLEIRO DE FACENDA

Temos que dicirlle ao Sr. Abalo que os seus argumentos de que a culpa de todo os datos negativos que se están dando nos últimos meses son responsabilidade do goberno anterior xa non é crible. Intenta disfrazar a súa falta de xestión con ataques, que podían funcionar os primeiros meses pero agora xa non os cree ninguén.

A realidade sobre herdanzas é que no 2011 había mais de 17 millóns de remanente negativo e que agora estamos por debaixo do millón de euros, froito exclusivo do traballo de catro anos por parte dos servizos económicos. Realidade é que o primeiro semestre do 2015 se pagou de media en -5 días e que a partir do 3º trimestre de 2015 se está incumprindo de forma continua a obriga, xa non ten argumentos para acusar a outros, xa pasou demasiado tempo para cambiar tendencias, pero vostede non fixo nada para remédialo. Esperemos que nun futuro cambie a tendencia, xa que do contrario, os problemas agravaranse.

Analice os datos do 4 trimestre do 2015 e comprobará que o incumprimentos do teito de gasto e dos períodos medios de pago son exclusivamente responsabilidade do goberno actual, pero iso non lle interesa que o saiban os seus compañeiros de goberno.

A realidade a recoñece vostede mesmo, dicindo  que están obrigados a presentar un plan económico financeiro que corrixa esta situación.

Fala de orzamento dispoñible do 5% cando entraron,  pero non di que nos so gastamos un 7% do orzamento dispoñible anual, o 88% do orzamento xa estaba comprometido dende o día un de xaneiro para uns gastos en concreto, e non está dispoñible para calquera gasto, sexa o goberno que sexa. O mellor preferían que non existise orzamento como fixeron nos anos 2009, 2010 e 2011 para gastar o que non tiñan e así alcanzar a débeda de mais de 17 millóns que existía no 2011.

Fala vostede de que non quixemos debater no pleno, e inclúe esta información como dación de conta, que non se vota e non se solen facer debates meses puntos. Preguntámonos que si tantas gañas tiña en que debatésemos, porque non presentou todos eses informes na comisión informativa, a realidade e que está desprezando a comisión de forma reiterada, porque aínda que se traten temas que afectan as súas concellerías; vostede practicamente non fai acto de presenza na mesma. Vostede si que está evitando os debates de temas relevantes mes tras mes.

Sabe vostede que as mentiras teñen curto recorrido, deixe de buscar culpables da súa falta de xestión e dedique o tempo a resolver os problemas das súas areas.

Pío Millán

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE.