INICIO DE CAMPAÑA DE CARA O 26J

Este xoves comezou a nova campaña electoral de cara o 26J con obxectivo de constituir unhas novas Cortes que permitan a configuración dun goberno forte e estable para España.

Co lema #AFavor, o noso partido reivindica unha campaña en positivo na que os eforzos realizados nos últimos anos e a mellora económica vivida no último ano sirva para traballar a favor da sanidade, da educación pública, da creación de emprego, das axudas a dependencia,…

Fronte a esta alternativa só hai incertidumbre, inestabilidade, división, confrontación e un modelo político que se ten manifestado como un auténtico fracaso noutros países do mundo.

Como inicio de campaña, ás 00:00 procedimos a tradicional pegada de carteis na Praza de Abastos coa compañía de militantes e simpatizantes.