SOLICITUDE DE INFORMACIÓN AO CONCELLO SOBRE AS SÚAS XESTIÓNS PARA A RECONSTRUCIÓN DA CAPELA DE STO. DOMINGO

Ante a total inoperancia á que xa nos ten acostumbrados o tripartito que actualmente “goberna”  Cangas, o grupo do Partido Popular pregúntase que está a cambiar dende hai un ano, cales son as melloras que se produciron na nosa vila, tanto en servizos como en infraestructuras etc.

É ben sabido que neste momento non hai ningún compromiso nin acometida de obras públicas, nin no presente nin nun futuro a medio prazo; pero aínda é peor o evidente estado de deterioro no que se atopan os espazos públicos, as rúas e beirarrúas, os parques e outras zonas de lecer e esparcemento para a  cidadanía.

A desidia, o abandono, a falta de limpeza e mantemento das nosas parroquias presentan unha imaxe bochornosa da nosa vila.

O triste suceso da Capela de Santo Domingo é un exemplo máis da incapacidade deste goberno de buscar solucións reais aos problemas.

CapillaCoiro_TwitterFaroOMorrazo_100316

Capela de Santo Domingo, en Coiro.

Emplazamos dende aquí ao equipo de goberno para que, ademáis de anunciar sancións,  (que é o único que fixeron ata agora)

INFORME

Sobre cal  foi o procedemento que seguiu neste tema, e cales as xestións realizadas para poder recuperar este espazo, que a fin de  contas, é patrimonio de todos.

3. Mª Dolores Hermelo Piñeiro. 44 anos. Licenciada en Xeografía e Historia- Titulada en Gestión Empresarial, Ofimática Empresarial e Eficiencia Enerxética. Actualmente traballa na administración e control de obras de instalacións eléctricas e iluminación. Veciña de Darbo.

Dolores Gallego, concelleira do PP de Cangas.