UN ANO PERDIDO OU A CRÓNICA DUN FRACASO ANUNCIADO

Como calquera cangués ou canguesa, no PP de Cangas facémonos as preguntas de en qué mellorou o noso lobo no último ano. Qué iniciativas tivo o trigoberno municipal para mellorar as nosas vidas, qué pasou coas súas promesas electorais ou qué fixeron con Ciclo da Auga e a súa prometida rebaixa de impostos.

Os feitos falan por sí mesmos e demostran que o actual goberno mentiu na campaña electoral a sabendas de que o facía, e continúa mentindo un ano despois. Iso sí, a culpa dos problemas nunca é deles…, é da oposición.

Cangas te un trigoberno con un mentireiro ao fronte. Ese é o titular deste ano.

Non podíamos esperar solucións aos problemas de Cangas de quenes viven dos mesmos, pois é o seu único argumento electoral. Agora ninguén protesta porque son eles os que crean os problemas, viven politicamente deles. Qué podíamos esperar desta mezcla de comunistas resentidos, independentistas, nazinalistas e podemitas? Os esforços e o traballo de catro anos foron pola borda en só 365 días.

Presumían de transparencia, e non contestan as nosas preguntas nin os requerimentos de documentación. Agochan a información e mesmo os expedientes. Son sectarios e irresponsables. Actuaremos con contundencia esixindo que se cumpra a Lei.

Eran expertos gestores, segundo deles claro, e non teñen iniciado en un ano ninguna obra que non estivera licitada ou iniciada na pasada lexislatura. Triste balance.

O estado de abandono do noso pobo, por moito que pretendan desviar a atención con titulares en prensa chamativos, é máis que evidente. Rotondas, espazos verdes ou mesmo a falta de previsión na limpeza das praias son algúns exemplos.

Económicamente Cangas pasou en tres meses de pagar aos seus acreedores en -5,4 a superar os 60 días, incumprindo a Lei de Morosidade e o Plan de Axuste por primeira vez en tres anos. Hoxe o Concello de Cangas é unha institución menos fiable que fai un ano.

En canto ao urbanismo, ademais de dispoñer de “xestores externos gratuítos”, pretendeuse impoñer un novo concurso para a redacción do PXOM feito a medida para os amigos o que supuxo un auténtico gatillazo. En definitiva, parálise total.

En cultura, despois do rocambolesco episodio das aras de O Facho, a profunda preocupación por este lugar único queda demostrada polo estado de abandono actual. Qué decir das Festas do Cristo…, aínda estamos esperando polas contas dunha das peores edicións da historia. Qué pasaría se noutro momento se eliminara ‘Arte no Morrazo’?

En deporte, os exemplos se multiplican: a posta en marcha e xestión da piscina, as gradas do campo do Morrazo, o estado das pistas de atletismo ou a paralise (de novo) dos vestiarios do Gatañal son algúns da nula xestión dos responsables municipais.

En infraestructuras teñen o triste récord de que en un ano ningunha actuación. As obras que se están executando son as que deixamos iniciadas.

Na área de turismo hai que sinalar en primeiro lugar que a súa concelleira amosou neste tempo non ter ningún escrúpulo, xa que si tivera un mínimo de vergoña tería dimitido fai tempo. Cangas pasou de ser un referente a ter a día de hoxe as praias nun estado de total abandono. Qué pasou coa praia de cans? Son todas! É lógico que suceda isto cando un sector que xera mais dun 10% do PIB da nosa vila está en mans de formacións que aínda hoxe seguen considerando o turismo como colonialismo do s.XXI.

Algo parecido acontece cos servizos sociais, sanidade ou comercio, que o único que fixeron para desviar osproblemas foi crear multitude de Consellos.

Qué aconteceu cos proxectos previstos por entidades privadas que de forma automática fuxiron?

Cangas non merece este desastre. Dende o Partido Popular seguiremos traballando con discreción e dedicación para dende a oposición intentar ayudar a buscarlle solución os problemas.

Neste senso temos que lembrar que grazas a Xunta de Galicia e a nosa intermediación a Secretaría Xeral de Urbanismo tramitou o PERI de A Portela e que a Dirección Xeral de Infraestructuras finalizou o proxecto da 1ª fase da Variante de Cangas, que a Consellería de Educación e Cultura programou inversións en colexios públicos que van a superar o millón de euros, que grazas a nosa insistencia existe o proxecto de reforma da lonxa de Aldán e o proxecto de abrigo do porto de Aldán ou que o Concello de Cangas vai a ter unha escola obradoiro.

Isto contrasta coas achegas das administracións nas que gobernan os socios do actual goberno de Cangas como por exemplo a Deputación de Pontevedra, que ten en estado de abandono as súas estradas e nun ano non executou unha soa obra.

Moitos titulares nos medios de comunicación pero os feitos falan por sí mesmos. En definitiva un ano perdido.

IMG-20160611-WA0002