O PP PREGUNTA SI EN CANGAS NON TEMOS PATRIMONIO CULTURAL QUE RECUPERAR OU NON SE SOLICITAN AXUDAS POR DESIDIA

O grupo municipal do Partido Popular denuncia a falta de xestión  e de compromiso dos responsables municipais  coa conservación do noso Patrimonio cultural.

O PP indica que non se pode entender que por culpa do pasotismo do actual goberno municipal non se teña comprometido ningunha inversión con cargo aos fondos, 400.000 euros, que a Deputación provincial destina á “Rehabilitación do Patrimonio Histórico Cultural” dos concellos da Provincia.

A relación de Concellos e  inversións adxudicadas foi aprobada en Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, e nela se desprende que Cangas non solicitou ningunha actuación ao respecto. Achégase copia.

Para o Partido Popular trátase dun feito grave que atenta contra o Patrimonio cangués por abandono, e prexudica a conservación dos nosos bens culturais. Lamenta a situación de deixadez que o  Concello demostra, e recorda que estas axudas servirían para solventar carencias e protexer parte dun recurso potencial que permite difundir a nosa cultura. E dín, que “non será por fontes, cruceiros, lavadoiros, petroglifos, etc, que precisen dalgunha actuación, e engaden que ademáis do transcurrir dos anos agora tamén se lle terá que engadir a neglixencia dos actuais dirixentes municipais como elemento daniño do noso Patrimonio  ao non investir na súa conservación.

Esperemos que as cifras de subvención perdidas por neglixencia do concelleiro de Cultura e por ende do propio Alcalde non vaia en aumento converténdose nun mal endémico para o Municipio.

DOC-20160805-WA0004 DOC-20160805-WA0004