A XUNTA DIRECTIVA DO PARTIDO POPULAR DE CANGAS REÚNESE CON MILITANTES E SIMPATIZANTES DE ALDÁN

Os populares  reúnense hoxe con  militantes e simpatizantes de Aldán, concluíndo así a rolda de xuntanzas celebradas nas distintas parroquias do municipio. 

José Enrique Sotelo, presidente local do PP de Cangas, acompañado por Valeriano Martínez, candidato nº7 do PP pola provincia de Pontevedra ás eleccións autonómicas do vindeiro 25 de setembro, e membros da Xunta Directiva Local, poñen este serán o peche en Aldán ás reunións iniciadas o pasado 18 de agosto en O Hío con militantes e simpatizantes do PP, e que ao longo das sucesivas semanas se foron realizando nas distintas parroquias do Concello, creando así un espazo de diálogo e de traballo no que escoitar as demandas dos veciños e comprometéndose cos problemas de Cangas.

O Presidente Local nunha das súa intervencións pídelle aos asistentes o seu apoio para o Partido Popular e para a lista encabezada por Alberto Núñez Feijóo, dicindo que é o único candidato comprometido de verdade con Cangas, e non só cando se aproximan eleccións.

Sotelo, pregunta, facendo referencia ao acto político celebrado onte por “en marea” no centro de Cangas, como pode vir de “salvapatrias” a Cangas un xurista que ata fai 2 días defendía o cumprimento da Lei e hoxe  abandeira ideoloxías nas que se vulneran os dereitos dos cidadáns, metendo no cárcere a rivais políticos ou deixando que un pobo morra de fame? En Cangas temos ampla experiencia deses populismos e do desastre ao que nos levan, conclúe.

Por outra banda e para rematar, os asistentes pídenlle a Valeriano Martínez como representante do Morrazo e único deputado que nos vai representar , que se comprometa na vindeira lexislatura cos problemas da nosa Comarca contribuíndo a que estes se convertan con responsabilidade en solucións.