FESTAS DO CRISTO DE CANGAS; MENUDO EXEMPLO

O 09/10/2015 este grupo municipal solicitou as contas das Festas do Cristo correspondentes ao ano 2015. A día de hoxe non recibimos resposta de esta solicitude, nin se nos facilitou ningún documento respecto a esta cuestión.

Nestas datas se están producindo declaracións de dous grupos políticos pertencentes ao goberno municipal onde se están lanzando acusacións cruzadas de ter cometido irregularidades e tamén de ilegalidades nas xestión das festas do Cristo.

Ante estas manifestacións consideramos que o goberno municipal está obrigado explicar coa maior claridade posible a xestión das festas do Cristo durante o ano 2015 e 2016. Se tanto lle gusta presumir de transparencia e claridade, non deben deixar que exista ningunha dúbida en canto a legalidade do proceso de realización das Festas do Cristo de Cangas.

Por todo elo, dende este grupo municipal esiximos que se nos faga entrega inmediata das contas correspondentes ao ano 2015 e que coa maior urxencia posible se facilite información sobre as contas do 2016. A maiores deberían presentar un informe exhaustivo onde se aclaren que todos os procedementos administrativos relacionados coas festas foron elaborados respectando a legalidade, e se non fora así; deberían por de manifesto cales son os actos en que se incumpriu a legalidade identificando tamén ás persoas responsables de ditos actos.

Volvemos a repetir que as recentes manifestacións dalgúns membros do goberno sobre irregularidades na xestión das festas son moi graves, estase a falar de que os gobernantes actuais do Concello de Cangas non respectan a legalidade. Ante estas acusacións cruzadas necesitase que se lle traslade @s veciñ@s de Cangas unha explicación de cómo se xestionaron as festas do municipio no ano 2015 e 2016.