O ARTE DO ESCAPISMO POLÍTICO: GOBERNO DE CANGAS

O concelleiro e portavoz do Partido Popular, Rafael Soliño, quere dar resposta ás declaracións que hoxe o alcalde de Cangas fixo públicas sobre de que o  Catastro cobre os recibos en base aos valores do 2015 e non aplique os actuais.

Soliño destaca que o único que persigue o alcalde con esta nova é intentar eximir de toda responsabilidade ao Concello de Cangas dicindo que “Es consciente de que los vecinos perciben la administración local como una amenaza para sus intereses, cuando el proceso de regularización nada tiene que ver con el Concello y sí con la administración del Estado

Para empezar o concelleiro popular di que esta situación ten moitísimo que ver coa administración local, xa que é a base do imposto mais importante que cobra o Concello de Cangas. Ante a aparición de problemas, a política levada a cabo polos actuais responsables do Concello é deixar que desaparezan por si sos e se non desaparecesen e se agravasen a culpa será sempre doutras administracións, é a practica habitual coa que afronta as dificultades o tripartito, apunta Soliño.

A regularización catastral sabemos que é unha medida aplicada á maioría dos concellos deste país, pero tamén temos sabemos que moitos destes concellos dispuxeron de todos os medios posibles para que chegado o momento da emisión dos recibos a existencia de erros fora a menor posible, minorando o efecto de alarma social xerado no momento de enviar os recibos á rúa.

Dende comezos da primavera, o grupo municipal do Partido Popular pedimos ao goberno deste Concello a máxima implicación posible neste tema, para axudar aos veciños e veciñas a clarexar as situacións particulares presentadas de cada un, incluso en Pleno presentamos unha moción que se aprobou por unanimidade na que o Concello comprometeríase a reforzar a atención aos veciños, pero esta moción como moitas outras converteuse en papel mollado tal e como podemos comprobar cos feitos actuais. 

A realidade é que o goberno non actuou con previsión en prol dos intereses da veciñanza ofrecendo o apoio correspondente, e unha vez mais o problema está xa moi avanzado.

Que nos atopemos recibos cos novos valores catastrais pon de manifesto de que non se falou coa Xerencia Territorial do Catastro para que non aplicase os valores da regularización ata o ano que ven, nin se fixo seguimento algún da situación dos recursos presentados polos veciños.  Agora cos recibos na rúa intentan lanzar balóns fora, cando debían ter traballado, buscado e planificado o lanzamento deste imposto con anterioridade. 

Poderán culpar a outros dos problemas que sucedan neste municipio, ás veces que queiran, pero o certo é que o problema da revisión de valores catastrais dos bens de Cangas é unha cuestión fundamental para o municipio, e o que non pode facer ningún político que ocupe a alcaldía é dicir o mesmo que o Sr. Pazos: “… que non se pode facer nada porque depende doutras administracións”, é unha mentira, sinala o concelleiro popular.  O Sr. Pazos tivo tempo suficiente para previr con negociacións e sobre todo con implicación que o proceso non chegara a esta grave situación, provocando unha sensación de indefensión por parte dos veciños de Cangas sobre todo pola desidia dos seus gobernantes locais.