O PARTIDO POPULAR DE CANGAS CONSTITÚE O SEU COMITÉ DE CAMPAÑA PARA AS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS DO 25S

Os populares  cangueses constitúen o Comité de Campaña , conformado por doce persoas que se encargarán de coordinar a estratexia da formación, de cara aos comicios que se celebrarán en Setembro.

O Partido Popular de Cangas aprobou onte nunha convocatoria extraordinaria da Xunta Directiva, presidida polo Presidente Local, José Enrique Sotelo, a composición do Comité de Campaña encargado do desenvolvemento e coordinación da Campaña electoral no Municipio de cara as vindeiras eleccións autonómicas do 25 de Setembro.

Durante a celebración da xuntanza, Sotelo deu conta dos membros do Comité de Campaña encabezado por Pío Millán, mentres que os responsables por parroquias serán: pola de Aldán, Josefa Menduiña; por Darbo, Francisco Soliño; por Hío, Manuel Besada; por Coiro, José Pena; por Cangas, Rafael Soliño e Dolores Hermelo; como Secretaria e coordinadora de prensa: María Jesús Guimeráns.

Por outra banda, a área de redes sociais estará dirixida por Rafael Jiménez; a coordinación de actos correrá a cargo de Alba Cordeiro e o encargado do voto por correo será Serafin Menduiña; a formación de interventores e apoderados estará dirixida por Luis Boullosa.

Coa constitución deste Comité os populares cangueses dan o pistoletazo de saída ao traballo previo da Campaña electoral que busca volver a proclamar presidente da Xunta a Alberto Núñez Feijóo.