O PP AFIRMA QUE O CONCELLO MENTÍU SOBRE A EXECUCIÓN DOS TRABALLOS DE SANEAMENTO

O PP exixe unha vez máis ao Concello  que se retomen  os traballos na Alameda e retiren con carácter urxente os refugallos da obra de mellora do saneamento que obstrúen  a canle do Río e os depositados no entorno da Casa do Mar.

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular, José Enrique Sotelo, denuncia hoxe, unha vez máis, tal e como o fixera en anteriores ocasións e  a pasada semana a través de preguntas presentadas no rexistro do Concello (achégase copia), que as obras de mellora do saneamento para evitar os vertidos ao Río Orxas continúan sen retomarse. Acusa a concelleira de Obras e Servizos de mentir publicamente cando aseguraba que en dúas semanas os trallos de reparación de escasamente 2 metros de tubaria no Paseo de Aldán estarían rematados.

Os populares advirten que a actuación levada a cabo pola empresa adxudicataria da obra non concluíu cos vertidos como aseguraba en prensa a responsable municipal a finais de xullo, senón que tanto onte como ao longo da semana pasada  estes volvéronse a repetir.

O Partido Popular quere coñecer se o Concello tomou algunha medida ao respecto, e de ser así quere  saber cal é e cando se aplicaría?

Por outra banda, e no tocante aos cheiros que afectan ao fronte marítimo (entorno Lonxa e Praza de Abastos) e que se repiten con frecuencia o voceiro popular quere saber, independentemente de quen fose o responsable das obras se o Concello iniciou algún trámite coa empresa concesionaria do Servizo para a subsanación dun problema que incomoda a veciños e visitantes.