O PP DENUNCIA A TARDANZA NO PAGO DAS ACHEGAS DEPORTIVAS A CLUBS

O PP quere transmitir o malestar dos clubs deportivos e deportistas locais polo retraso, inxustificado, no abono das subvención que o ente municipal asigna anualmente.

Francisco Soliño, concelleiro do Partido Popular de Cangas  criticou o incremento do número de prazos nos que o consistorio distribúe esta liña de axudas, que pasou de 2 a 3 vencementos, e por non ter efectuado o aboamento de ningunha cantidade ata o de agora, salvo a axuda percibida na Gala do Deporte do 2015.

Chámalle a atención ao concelleiro, que os responsables municipais se apresuren a anunciar a bombo e platillo a asignación económica aos clubs cando nin tan sequera se lles pagou o primeiro deses prazos, apunta.

No anterior goberno popular os retrasos tamén se producían, pero a pesar das dificultades económicas coas que tivemos que batallar  na anterior lexislatura a estas alturas do ano xa tiñamos pagado como mínimo un dos dous prazos nos que distribuíamos os 100.000 euros de subvencións, cantidade que tampouco foi mellorada con este goberno, conclúe Soliño.

Soliño recorda que esta aportación municipal supón para moitos destes colectivos e deportistas do noso Concello un peso importante na súa financiación, que lles permite funcionar con normalidade ante a falta de patrocinios.

Para o concelleiro é inadmisible a falta de interese e de compromiso que están demostrando os responsables municipais, quenes por un banda se pavonean con despedidas e recibimentos aos olímpicos e pola outra abandonan o deporte de base.

O PP pídelle ao equipo de goberno que deixe de aplicar políticas ineficientes e comecen a preocuparse por coñecer e corrixir algunhas das dificultades destas entidades deportivas.

Para rematar Soliño manifesta que outro dos puntos abandonados polo Consistorio é  a falta de actualización dos programas de deporte escolar , non contemplan o incremento de máis disciplinas deportivas nin o número de rapaces.