O PP DESIGNA A DOUS REPRESENTANTES PARA A ASEMBLEA DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

O grupo municipal do Partido Popular de Cangas rexistrou hoxe no Concello, un escrito propoñendo  a dous dos seus concelleiros para formar parte dos 4 representantes que lles corresponden ao Municipio de Cangas para constituír a Asemblea da Area Metropolitana de Vigo, e que deberá ser aprobado previamente en Pleno.

Os concelleiros designados polo PP son Rafael Soliño Costas e Jesús M. Graña Graña, cumprindo así a normativa de funcionamento do organismo supramunicipal, segundo o establecido na Disposición transitoria segunda da Lei 4/2012 de data 12 de abril.

O PP cumple así coa entidade local supramunicipal, integrada polos concellos da área de influencia de Vigo, entre os que se atopa Cangas, e que buscan unha planificación en común de determinados servizos e obras.

Achégase copia da instancia.