O PP PREGUNTA POLAS OBRAS DE SANEAMENTO DE ALDÁN

Despois dos titulares publicados nos medios de comunicación pola substitución de escasamente dous metros de tubaria no Paseo de Aldán, que supostamente provocaba as verteduras ao río Orxas, este grupo municipal do Partido Popular, a través do seu voceiro, José Enrique Sotelo, quere denunciar, unha vez máis, a desidia do goberno municipal por deixar un gran buraco sen tapar no Paseo, través do cal se accedeu á citada tubaria, e como única medida de protección unha simple valla e o chimpín da empresa que executa as obras, ademais do material retirado apilado detrás da Casa do Mar, apunta Sotelo.

O Partido Popular quere coñecer: Cal é importe da obra executada, a data de remate da mesma, así como o nome da empresa a quen se lle adxudicou os traballos e o  procedemento de adxudicación?

Esperemos que esta vez non dure 1 ano como sucedeu coa varanda da Alameda, recalca o voceiro popular. De todos os xeitos, para tan importante obra xa levan 3  semanas, dúas delas sen traballar na zona, o que demostra a falta de capacidade e ausencia de xestión do goberno local.