O PP VOLVE A DENUNCIAR A FALTA DE TRANSPARENCIA COA QUE ACTUA O CONCELLO DE CANGAS

O grupo municipal do Partido Popular denuncia novamente as mentiras e falta de información  do Concello no tócante ás obras de reparación dos vertidos ao río Orxas.

O concelleiro popular, Jesús Grañas, afirma que xa fai mais dun mes o Partido Popular no Pleno do mes de Xullo formulou unha serie de preguntas dirixidas á concelleira de Obras e Servizos, Mercedes Giraldez, polas reparacións de saneamento responsable dos vertidos ao río Orxas, levadas a cabo na Alameda de Aldán.

Nesas preguntas o Partido Popular requiríalle a documentación relativa a eses vertidos, obras correctoras e  problemas de contaminación detectados na praia de San Cibrán, que desencadearon o izado da bandeira vermella. Tamén se lle preguntou pola retirada da citada bandeira e apertura do areal ao baño, así como as análises, se as houbo, que referendaron dita apertura.

A concelleira de Obras e Servizos comprometérase a facilitar toda esa información á oposición, asegura Jesús Graña ao que engade que a día de hoxe non se lle facilitou información algunha ao respecto. É unha mostra máis do escurantismo e ocultación de información por parte deses abandeirados da transparencia, puntualiza o concelleiro.

Tras as continuas denuncias de veciños e veciñas da zona, así como do grupo municipal do PP sobre á parálise das obras e do acumulo de refugallos depositados no entorno da Casa do Mar de Aldán, a Sra. Giraldez intenta vender que as obras nunca se paralizaron e que incluso se ampliaron. Pois ben, di Jesús Graña que a realidade é outra como se pode constatar facilmente:

  • Se o problema xa estaba detectado, tal e como afirmou a Concelleira, por que se espera a un grande vertido contaminante en pleno verán?
  • Que obriga a pechar a praia de San Cibrán ao baño?
  • Por que se espera a pleno mes de agosto e en plena tempada de baño a realizar as citadas obras?

Posteriormente ábrese este areal ao baño sen as análises correspondentes que referendarían a idoneidade das augas para o baño. A día de hoxe nada sabemos sobre esas analíticas, sinala Graña. Cando menos sería unha imprudencia moi grave e ilegal actuar coa irresponsabilidade de abrir unha praia ao baño sen efectuar unhas análises previas.

E agora pretende vendernos que sempre se estivo traballando e reparando outras causas de vertidos, pois é unha MENTIRA!!, afirma Graña. Todos os que pasamos habitualmente pola zona observamos que estiveron sen traballar case que un mes. É inmoral que unha persoa poida dedicarse a mentir tan descaradamente como o fai a concelleira do BNG, conclúe.

O Partido Popular pídelle a Sra. Giraldez que deixe de insultar á intelixencia dos cangues@s, que están fartos de vendedores de fume e falsidades e indica que se lle volverá a pedir por rexistro de entrada estes informes, a pesar de que xa coñezan a resposta, como ven sendo habitual para con todas as preguntas do PP, para as que non hai resposta.