NOVAS XERACIÓNS PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

A agrupación político-xuvenil realizará esta iniciativa a favor do Comedor Social de Cangas.

Novas Xeracións de Cangas pon en marcha un campaña solidaria de recollida de xoguetes a favor do Comedor Social de Cangas. “Animamos a todos os veciños e veciñas a colaborar nesta iniciativa doando todos eses xoguetes que vamos acumulando ao longo da nosa vida, moitos deles sen moito uso, para que outros rapaces podan gozar deles nestas datas tan sinaladas” explican os promotores. “Deste xeito queremos colaborar un pouco coa encomiable labor que se realiza dende a Asociación de Caridade Santiago Apóstolo que presta asistencia a máis dun centenar de familias na nosa vila” destacan. “A nosa intención e iniaciar deste xeito un programa de actividades ao longo dos próximos meses co obxectivo de colaborar con diferentes colectivos sociais da nosa vila” engaden.

Dende a formación explican que a campaña extenderase durante as próximas dúas semanas e que para colaborar os interesados poden contactar por email (partidopopulardecangas@gmail.com) coa formación para que os voluntarios pasen polos seus domicilios a recollelos.