PAZOS E CABALLERO TRATAN AOS CANGUESES/AS COMO CIDADÁNS DE SEGUNDA

Despois dos comentarios en prensa, ao noso entender, pouco afortunados do Alcalde de Cangas trala visita do Delegado da Xunta en Vigo o PP de Cangas ten a obriga de denunciar, de novo, a actitude irresponsable e clientelar do sr. Pazos que prefire quedar ben co sr. Caballero, a pesar de incumprir o asinado o 6 de tullo, a defender os intereses dos 10.000 usuarios da Tarxeta de Transporte Metropolitano que hay en Cangas.

Por un lado o Alcalde de Cangas non quere por motivos políticos que os cidadáns do noso Concello accedan gratuítamente ao Vitrasa como lles corresponde por Lei. Prefire que a Xunta presente un contencioso contra o incumprimento do sr. Caballero e así, mentres tanto, permitir que existan dentro da Área Metropolitana cidadáns de 1ª e de 2ª.

Para ter os beneficios da Tarxeta Metropolitana de Galicia sen o transporte urbano de Vigo non se necesitaba a creación do que vai a ser un chiringuito para uso e gozo duns poucos. Eses beneficios xa os temos dende abril do 2015 sen crear a Área Metropolitana (A.M.).

Alguén pode explicar que beneficios emos coa creación da A.M. se non entra o transporte urbano de Vigo? Ese transbordo irbano de Vigo é un dereito que temos os veciños/as de Cangas e coa actitude do sr. Pazos estase a impedir que gocemos dese dereito á vez que dase apertas co sr. Caballero que está tratando aos cangueses/as como cidadáns de 2ª.

NOVAS INFRAESTRUCTURAS 

Unha vez máis confirmase que Cangas ten un goberno incapaz e inútil, que funciona a golpe de titular nos medios de comunicación, pero que despois de 18 meses de lexislatura a realidade é que non derán un só paso na consecución desas infraestructuras, tanto viarias como sanitarias, o noutros temas tan importantes como o chan industrial.

Cangas ten un goberno sen proyecto, non son capaces nin de ejecutar os financiados por outras administraicóns do Plan de Inversión da Deputación para o 2016 non hay executado nin o 30% (e tendo en conta que os proxectos os deixamos feitos- xa veremos cales fan no 2017). O máis grave é a renuncia por incapacidade a subvención de Turismo, Industria, de Medio Rural ou o convenio coa Deputación para a Estrada de O Viso- Igrexario na parroquia de O Hío, que no mellor dos casos non se inicia ata o ano 2018 cando tiña partida no 2015.

Pola contra o ano 2016 foi o ano do saqueo aos congueses/as. Cobrouse ata 7 recibos da auga, lixo coas actualizacións e o castratazo que agora pretenden disfrazar co contrato dun sinistro asesor para presentar alegacións fora de prazo e seguir facendo caixa. Xa veremos que pasa cando cheguen as liquidacións das modificacións dos valores dos últimos catro anos a principios de ano. O PP de Cangas non pode evitar preguntarse que acontecería noutros momentos se o fixeramos nós. A xente estaría fai tempo na rúa. Agora aquí non pasa nada…, claro, o do lío están dentro.