NOVAS XERACIÓNS RECOLLE DECENAS DE XOGUETES A FAVOR DO COMEDOR SOCIAL DE CANGAS

A agrupación político-xuvenil realizou unha campaña solidaria de cara a vindeira festividade de Reis para que todos os cativos da vila teñan o seu agasallo. 

Novas Xeracións de Cangas puso en marcha durante dúas semanas unha campaña solidaria de recollida de xoguetes a favor do Comedor Social de Cangas. O obxectivo dos promotores foi “contribuir, en colaboración coa Asociación de Caridade Santiago Apóstolo a que todos os cativos da vila podan gozar destas datas de Nadal e da festividade de Reis cun agasallo” explican. Durante quince días persoas voluntarias foron entregando xoguetes na sede local da formación. “Queremos agradecer a todas as persoas que colaboraron nesta iniciativa a súa solidaridade para coas familias que están vivindo dificultades no noso municipio” sinalan, a vez que destacan a labor de asistencia que se realiza dende o Comedor Social de Cangas ao longo de todo o ano.

En total recolectaron vairas decenas de xoguetes que xa foron entregados. Dende a formación destacan que esperan continuar realizando este tipo de actividades ao longo deste ano que acaba de comezar, “estamos traballando na organización de novas actividades de cara aos próximos meses en colaboración con outros colectivos sociais do municipio.