O PP DENUNCIA AS MENTIRAS DE ABALO SOBRE A PLANTA DE FORMIGÓN DA PORTELA

O sr. Abalo, concelleiro de Urbanismo do goberno tripartito de Cangas, nun alarde máis de coherencia política da que pode presumir, aproba no goberno o que na oposición non era legal (votou como tódolos concelleiros a favor da aprobación definitiva do PERI da Portela). Seguramente nese momento non había ningunha demanda veciñal, demanda que aparece e desaparece en función dos caprochos entre outros do sr. Abalo que en vez de defender os intereses de Cangas, concello do que é concelleiro, defende segundo sopre o vento o de outros concellos, por non decir que defende intereses oscuros de persoeiros sinistros que o único que lles preocupa é o peto e non que exista traballo.

Se consideraba de verdade que era unha actividade tan perigosa, porque aprobou o PERI tal e como estaba? Tiñan maioría para facer o que consideraran oportuno. Agora aliase e mesmo afirma sen rubor “que o goberno persegue o cese da actividade da planta de formigou”. MENTIRA! Como é costume din unha cousa e fan a contraria (neste caso, menos mal).

Seguramente para disfrazar a realidade, fala de actividades molestas e insalubres cando as plantas de preparación de hormigón non se encontrar incluídas en nungún dos anexos da Lei 6/2001, do 8 de maio sobre Evaluación de Impacto Ambiental, cousa diferente é a fabricación de cemento ou clincker. A sentencia si fala do Cruceiro de S. Cosme, cuestión esta que queda solucionada coas medidas que obriga a tomar Patrimonio na aprobación definitiva do PERI (aprobado tamén polo propio sr. Abalo).

Unha vez máis, ao igual que pasou inicialmente coa sentenza sobre a tipoloxía da edificación que sería un supermercado onde o goberno se alegraba aínda que logo rectificou (polo menos cara a opinión pública), a realidade é que a pesar da gravidade da sentenza que deixa fóra de ordenación tócalas actividades en núcleo rural, que en Cangas son todas, o goberno da mentira non foi quen de recurrir a sentenza. Parece que para os responsables actuais do goberno de Cangas non lle preocupan os postos de traballo, preocúpalle que os seus amigos tan activos noutros momentos estean quietos. Por certo, a outra cadea de tendas de alimentación que tiña solicitada e pagada a licenza parece ser que xa reclamou a devolución dos máis de 40.000€ pagados.

Máis traballo e coherencia para solucionar os problemas de Cangas. Menos titulares nos medios de comunicación. Non se pode ser o mesmo tempo goberno e oposición. Parece que o sr. Abalo, a pesar da súa dilatada carreira política, aínda non se deu conta.

Sotelo nunha rolda de prensa na sede da Deputación de Pontevedra.

J. Enrique Sotelo, pte. e voceiro do Partido Popular de Cangas.